Como
é sabido o noroeste peninsular é unha zona rica en ouro. Xa antes
da romanización os pobos indíxenas explotaban este codiciado metal
e coa chegada do invasor romano produciuse un cambio rotundo ao
converter a minería nunha auténtica actividade industrial, que
provocou a transformación do territorio e cuxas pegadas chegaron até
hoxe.
Riotorto
é un concello coñecido polos seus ferreiros e sábese que houbo
minería de ferro até non hai moito tempo; tamén se ten
documentación de explotacións mineiras moi antigas que, segundo os
indicios, poderían remontarse a época romana.
Para
falar sobre as explotacións mineiras en época romana contaremos co
arqueólogo Santiago
Ferrer o próximo sábado, 11 de abril, ás 19:00h no Salón de Actos
da Casa de Cultura de Riotorto. Unha
actividade á que as asociacións organizadoras convidan a todas as
persoas que queiran achegarse.
Sem comentários:
Enviar um comentário