10/06/2009

Excepcional achado no Castro da Atalaia


No último número da revista GALLAECIA, publicación do Departamento de Historia Universidade de Santiago de Compostela, dáse conta do achado dunha importante peza atopada no transcurso das escavacións arqueolóxicas levadas a cabo o ano pasado no Castro da Atalaia de San Cibrao
Esta excepcional peza arqueolóxica é un machado votivo con escena de sacrificio e cabeza de carneiro.
Bronces votivos aparecen en boa parte de Europa pero son moi escasos en Galiza. Só se coñecen dous: un deles é o machado votivo con cabeza de touro de Cariño, que se atopa no museo arqueolóxico de A Coruña.
O machado votivo do Castro da Atalaia é o único de Galiza aparecido no transcurso dunha escavación arqueolóxica co que aportará datos de gran interese para o estudo destes bronces votivos.
Esta peza vén a confirmar e a aumentar a importancia e a excepcionalidade do Castro da Atalaia que, como todos sabemos, está ameazado por Residencial Faro de San Ciprian de Promociones San Ciprian que pretende destruír este xacemento para construír pisos para veraneantes.
É un dereito de todos coñecer o que se leva atopado na Atalaia, tanto en estruturas coma en materiais, e saber a importancia que teñen.
Por este motivo, pedirémoslle á Dirección Xeral de Patrimonio que faga públicos os informes arqueolóxicos do Castro da Atalaia.

4 comentários:

Malaco disse...

Estamos totalmente de acuerdo, es sumamente interesante los materiales documentados en el castro. Nosotros seguimos ofreciendo nuestros estudios para una monografía.

Anónimo disse...

Es más, ofrecimos dar una conferencia para acercar los descubrimientos del conchero a los habitantes de la zona, pero aún no hemos recibido confirmación alguna.

archeoten. disse...

Espero esa monografía o artigo ainda que ten o merito de espoñer o achadego, estaredes de acordo conmigo, ten algunhas eivas formais, falta da UE, planos, etc, datación en base a contexto ou analises, tampouco se especifica onde, en que parte do castro?, apareceu exactamente. Supoño que todo isto pola urxencia de espoñer o achadego do que estudo ainda non estará concluido

De todas maneiras creo que o artigo acrescendo a información sobre o achadego así como a monografia sobre o castro a todas luces excepcional (ainda que este noutra provincia suxirovos que faledes con Xose María Bello, o Brigantium é unha publicación que nos últimos anos esta nesa liña de editar monografías, cunha calidade de edición interesante) é moi necesario para valorizar este xacemento sobre todo ante a falta de interes, desidia ou mera mala fe dalgunhas administracións

Un saudo

malaco disse...

Efectivamente creemos necesario hacer una publicación más extensa del estudio, pero no solamente a nivel científico. El patrimonio al final tiene sentido únicamente si llega a la gente, y por eso nuestra intención era hacer una publicación accesible a los vecinos y no solo en un círculo "erudito". De momento seguimos con la esperanza de que algún día los vecinos de cervo sepan de la riqueza cultural que poseen.

En otro orden de cosas creo que los errores formales de los que hablas no son tales, ya que como habrás podido leer en el texto se especifica perfectamente la localización del depósito, si bien no se ha introducido imagen por los límites que suelen imponer estas publicaciones. Por otro lado aclarar que nosotros no hicimos la excavación, sino que el muestreo, y que por lo tanto nos basamos en los pertinentes informes, a lo que hay que unir toda la problemática que presentan los concheros, y que creo que no sea necesario exponer aquí. Evidetemente el artículo, como bien exponemos, es un primer acercamiento, posteriormente se ha realizado una tesina.

Por lo tanto esperamos que nuestro ofrecimiento no termine en el fondo de una papelera, finalice la desidia institucional o particular o de que quien seá y se podamos devolver el patrimonio a sus dueños, los vecinos.