8/09/2008

ARTE RUPESTRE NO CASTRO DA ATALAIA



Os tres grandes fenómenos culturais da prehistoria de Galiza son: o megalitismo ( mámoas, pedras fincadas, etc) ; a arte rupestre ao aire libre, máis coñecidos como petroglifos; e os castros.


A Atalaia de san Cibrao conta con dous destes fenómenos culturais: o castro, que se conserva nun excepcional estado, a pesar da mutilación que sufriu hai un ano por un violento golpe de ladrillo , e vestixios de arte rupestre (cazoletas de petroglifos), que hoxe Mariña Patrimonio quere dar a coñecer .



Os arqueólogos consultados por Mariña Patrimonio coinciden en sinalar que estas cazoletas son parte de petroglifos. Con todo, haberá que agardar a que
futuros estudos verifiquen a autenticidade e a magnitude destes restos.



Os petroglifos son gravados nas rochas, normalmente de granito; na súa maioría datan da Idade do Bronce e localízanse maioritariamente na provincia de Pontevedra. Na provincia de Lugo tamén se ten descuberto algún, concretamente no sur da provincia; os máis próximos á mariña están ubicados en Xermade e Vilalba. Por tanto, de confirmarse a súa autenticidade, sería a primeira mostra de arte rupestre na mariña lucense.



Estes gravados a lei considéraos BIC (Bens de Interese Cultural), é didir, reciben a figura legal de protección más importante que pode recibir calquera ben cultural. Por iso, MariñaPatrimonio confía en que esta nova descoberta axude a protexer o noso Patrimonio histórico e impida a edificación dos tres edificios que se pretenden construír sobre este importante xacemento.




Seguimento na prensa:

1 comentário:

Anónimo disse...

¿Por que a Consellería de Cultura non paraliza as obras de xeito definitivo? ¿Por que non expropia os terreos e preserva a zona dunha construción que supultaría o castro? Non hai quen entenda ao departamento que dirixe a nacionalista Bugallo